(XLII) ÁNIMA

Fican feridas

as pantasmas

que moran na esfera

das ánimas negras

que levo no peito.

 

Fican feridas

as verbas

que nacen da punta

da lingua agochada

e morren tinta.

 

Ficarei ferido eu?

 

Nesta loita de pantasmas

e ánimas.

 

Nesta morte de verbas

e tinta.

 

Ficarei bravo nos ollos

de quen saiba escoitar

as bágoas que non falo?

 

Ficarei no son dos latexos

do corazón e a sutura

e serei mar nesta costa,

nesta escuma,

nesta rocha?

 

Ficarei,

con certeza,

na pel de quen saiba

ver na miña pel

as pantasmas feridas

e as ánimas

de quen saiba

ver na miña lingua

as verbas vivas

e os folios brancos.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s