(XLVI) LÚA

Cando levaba a lúa entre as mans

sentía brincar nos ollos a arela da noite fría

e a escuridade do mar no bico do vento

era un universo de pantasmas agochadas

e aloumiños de papel.

 

Cando levaba a luz dos faros na fronte

a liña da vida destas mans esquerdas

medraba igual que hoxe medran

as canas feridas da miña barba

e as bágoas que calo nos folios en branco.

 

Hoxe acoden a min os pasos pretéritos

das nosas noites de pedra pulida

e semella que a lúa florece nas mans

e a luz dos faros desafoga este andar

e a arela da noite fría

bate nos ósos cansados das verbas

que traio cinguidas á punta da soidade.

 

E esta soidade

que desfago ao camiñar

enche o peito de espazo baleiro,

enche de medo o xardín das costas,

enche de ferida este recordo de lapis gris,

enche de min toda a poesía que te medraba nos beizos.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s