(LIV) CANGREXOS

Non sei mirar atrás

sen ver cangrexos na pegada.

 

O camiño ferroso da cadea

destrúe o cheiro

do vento do nordés

no aire martelado da partícula

luminosa,

laranxa,

alongada.

 

Abro a man

como abre o ceo a cadencia da latitude.

Busco vida no osíxeno.

Eu quero respirar claridade

da superficie marítima, lucente

homoxeneidade das ondas.

 

Abro a man

mais non teño músculo.

A pel é abrigo húmido

e a cartilaxe salgada

tensa as falanxes que amorean

pequenos grans de tempo.

 

Eu quero respirar.

 

Porén,

non sei mirar atrás

sen ver cangrexos na pegada.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s