(LV) MÁRMORE

Un paxaro amendoado

desce na música

da caída dos espellos.

 

A plumaxe atlántica é un iris

escuro,

perpetuo,

silente.

Un enfermo que adoece

sobre a lomba das pedras

derramadas neste mundo.

 

O vidro quente é maleable.

Debes saber

que eu, coas mans baleiras,

doulle a forma do útero.

 

A granítica irregularidade

é inabarcábel.

No cumio dos heroes

xace a lenda da liña

que racha o ceo e a terra.

 

A lúa non ten mans

nin ollos amarelos.

 

As estrelas,

é mellor que o saibas,

non brillan por nós.

 

O mármore é eterno

e agocha morte.

 

Eu escarvei nel

na procura da nai.

 

Deixei nel

a cartilaxe

das articulacións infectadas.

 

Deixei nel

a infancia

de verbas artelladas.

 

Deixei nel

a dozura do ser

que afoga opaco

no colo pétreo

dun coitelo transparente.

 

Eu escarvei no mármore

mais só atopei

sucidade nas unllas

e a mancha parda

do óso enfermo.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s